A finais do pasado mes de outubro e coincidindo coa celebración das Xornadas denominadas “Lendo na casa” a Biblioteca Municipal tudense en colaboración coas bibliotecas escolares procedeu á convocatoria dun concurso de fotografía que coa mesma denominación “Lendo na casa”. O obxectivo deste concurso “Lendo na casa” é fomentar o hábito da lectura no ámbito doméstico así como a creatividade plástica e artística. As fotografías deberían relacionadas co tema proposto: “lendo na casa”, a lectura no fogar, pola familia, etc.
As fotografías participantes están expostas na Biblioteca Municipal tudense ata finais deste mes de febreiro. O xurado acordou congratularse pola positiva resposta de traballos presentados a este concurso, un total de 9 propostas, moitas de grande calidade e creatividade. E acordou conceder o premio deste concurso ao traballo presentado baixo o lema Na Casa lendo de Xavier Álvarez Rivadulla, valorando a súa técnica e capacidade comunicativa sobre a lectura no ámbito doméstico, asi como conceder os seguinte Accésits:
Todos xuntos, viaxes diferentes de José Javier Trigo Amado de Mos.
Sin título de Dafne e Tatiana González Martínez de Ribadelouro
A miña historia favorita de Paula Villaverde Pérez de Caldelas
Os premios que serán entregados o vindeiro sábado 23 de febreiro ás 19,00 horas na Sala Felix Rodríguez González (no edificio Área Panorámica) e son os seguintes:
- Un e-reader ou libro electrónico para o primeiro premio e diploma acreditativo
- Un lote de libros seleccionados pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, así como un diploma acreditativo para os accésits.
Dende a Biblioteca Municipal tudense e as bibliotecas escolares do concello de Tui agradecen a participación que valoran positivamente pois achega a lectura á nosa sociedade e este tipo de accións contribúen a súa promoción.
Sem comentários:
Enviar um comentário