Pese ao mal tempo e a choiva que caiu ao longo de toda a tarde Tui celebrou hoxe o seu desfile-concurso de Entroido. Pese á mala climatoloxía miles de persoas encheron de novo as rúas novas da cidade para, paraugas en man, disfrutar da creatividade e imaxinación dos participantes.
A gañadora na categoría absoluta foi a comparsa “Alicia e a raíña de corazóns” de Matamá de Vigo, que fixo unha representación do clásico conto cunha perfecta sincronización por parte dos seus integrantes. Esta comparsa levou tamén o terceiro premio en carrozas e en acompañamento musical.
O segundo premio na categoría absoluta foi para “Cantos Somos...as leiriñas do Concello” que se fixo co quinto posto en carrozas e co primeiro en acompañamento musical.
A representación da Fórmula 1 realizada pola comparsa de “Delegación Maranelo Pexegueiro” levouse o terceiro premio na categoría absoluta, así como o segundo en carrozas co seu coche de Ferrari, e o segundo tamén en acompañamento musical.
Na categoría absoluta o cuarto premio foi para o Borralliño de Soutelo cunha gran representación dos 100 anos de Universal Estudios, con representación amais de distintas películas, que se levou tamén o primeiro premio de carrozas. O quinto posto foi para “A Sanidade vaise ao garete” de Caldelas, o sexto para os “Piratas de Lembrazas” de Guillarei, e o sétimo premio foi para “Luces de Tomiño” con Asterix, Obelix e os Vikingos.
En carrozas o cuarto premio foi para “Os Grecomacanudos” de Gondomar, o sexto para “Selva da Amazonas” e o sétimo para “Luces de Tomiño”.
O Entroido en Tui despedirase o próximo domingo con Enterro do Bacallau a partir das 19.30h.
Premios
Absolutos
1º.- Alicia e a raíña de corazóns
2º.- Cantos Somos...as leiriñas do Concello
3º.- O Borralliño
5º.- A Sanidade vaise ao garete
6º.- Os piratas de Lembranzas
7º.- Luces de Tomiño
Carrozas
1º.- O Borralliño
2º.- Delegación Maranelo Pexegueiro
3º.- Alicia e a raíña de corazóns
4º.- Os Grecomacanudos
5º.- Cantos Somos... As Leiriñas do Concello
6º.- Selva da Amazonas
7º.- Luces de Tomiño
Acompañamento Musical
1º.- Cantos Somos... As Leiriñas do Concello
2º.- Delegación Maranelo Pexegueiro
3º.- Alicia e a raíña de corazóns
Sem comentários:
Enviar um comentário