Vinte e dous desempregados comezaron hoxe a formarse no Obradoiro de Emprego “Tui Emprende 2013” que terá unha duración de seis meses e un orzamento de case 305 mil euros. O seu principal cometido será rematar a rehabilitación da antiga Escola de Chans en Randufe para destinala a Viveiro de Empresas. Xunto aos 22 alumnos está un equipo docente con cinco persoas (director, titor, monitores e administrativo) que eleva a 27 o número de persoas participantes.
Do total do orzamento 304.970,38 a Consellería de Traballo aportará 195.435,24 e o Concello de Tui 109.535,14€ de fondos propios. O obradoiro conta con dos módulos, un de albanelería/carpintería e outro de montador e Instalador de mobles de carpintería As actuacións a acometer se desenvolveran na antiga Escola de Chans, onde xa traballou o anterior obradoiro, e comprenden a colocación de tabiqueiras, preinstalación de electricidade e fontanería, formación de solados, teitos e baños, colocación de carpintería nas portas de paso e dotación de mobles. Mentres no exterior do inmoble acometerán o peche perimetral, pavimentarán a zona e formarán un porche lateral en madeira.
Na presentación desta mañá estivo presente o alcalde Moisés Rodríguez, xunto ao concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde, e os edís Nicolás Lorenzo, Olga Montes e Vanesa Rodríguez e o voceiro do Partido Socialista, Enrique Cabaleiro, así coma o persoal do Obradoiro e o alumnado.
O concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Villaverde, destacou na súa intervención a súa satisfacción porque cando aínda non pasaron seis meses dende que rematou o anterior obradoiro Tui conta xa cun novo proxecto en marcha. As actuais circunstancias económicas, explicaba, fan que nesta ocasión se conte só con dúas especialidades. Amosaba o seu agradecemento tanto ao equipo técnico coma directivo do Obradoiro polo seu traballo.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou a importante aposta que o Concello de Tui fai polo emprego. Nese senso aludía a que o obxectivo do obradoiro é precisamente rematar a rehabilitación da antiga Escola de Chans para albergar un Viveiro de Empresas, avanzando que para a súa posta en marcha contan xa coa colaboración da Cámara de Comercio. Agradeceu tamén o rexedor a Xunta a concesión deste Obradoiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário