terça-feira, 22 de outubro de 2013

CURSO DE “INICIACIÓN AO TEATRO E ÁS ARTES ESCÉNICAS” NA AULA UNED DE TUI

A aula UNED de Tui acollerá desde o vindeiro luns, 28 de outubro, e ata o próximo 28 de abril, un curso de "Iniciación ao Teatro e ás artes escénicas", da man da dramaturga galega Vanesa Sotelo. Esta actividade formativa terá unha carga lectiva de 30 horas e un prezo de 50 euros. 
Todas aquelas persoas interesadas no teatro e as artes escénicas poderán asistir a partir do próximo luns 28 de outubro a este curso de iniciación teatral que acollerá a aula UNED de Tui. Esta actividade estará dirixida pola dramaturga galega Vanesa Sotelo; os asistentes ao curso poderán achegarse á historia do teatro e adquirir nocións básicas de interpretación, escenografía e técnicas de expresión teatral mediante a participación activa na montaxe e interpretación dunha obra, que ten como obxectivo final conseguir que os seus participantes dominen as capacidades básicas de interpretación e xestión teatral. 
O curso, que se desenvolverá presencialmente nas instalacións da Aula UNED de Tui, terá lugar todos os luns de 18:30h a 20:00h. Cunha carga lectiva de 30 horas, o prezo de matrícula é de 50 Euros e será recoñecido con 1.5 créditos ECTS ou 3 créditos de libre configuración.  
Todos aqueles que desexen inscribirse no curso,  poderán facelo a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com),  chamando por teléfono ao 986 85 18 50 ou dirixíndose ás instalacións da Aula UNED de Tui (Rúa Antero Rubín s/n - Antigo Convento de San Domingos). O horario de atención ao público é de luns a venres (excepto xoves) de 16 a 20h.

Sem comentários:

Enviar um comentário