segunda-feira, 7 de outubro de 2013

O CONCELLO DE TUI LIQUIDA O ULTIMO PRESTÁMO BANCARIO QUE MANTIÑA CORRESPONDENTE AO PAGO DAS EXPROPIACIÓNS PARA O PASEO FLUVIAL

Carecer de endebedamento con intereses evidencia unhas contas municipais saneadas
En días pasados o alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, asinou o correspondente decreto que liquida o préstamo que este Concello de Tui mantiña cunha entidade bancaria para o pago das expropiacións realizadas no seu momento para a construcción do Paseo Fluvial. Deste xeito, se procede a unha amortización anticipada do devandito préstamo por un importe cercano aos 250.000 euros para liquidar definitivamente esta débeda.
O labor do equipo de goberno nesta materia ten levado a unha reducción da porcentaxe da débeda municipal nos dous últimos exercicios de algo mais do 45%. Así o importe da débeda pendente do Concello de Tui a 31-12-2.011, ascendía a 1.352.896 €; logo das amortizacións realizadas nos anos 2.012, por un total de  309.000 euros, e no ano 2.013 que ascenderán a 395.000 euros; o endebedamento pendente do Concello tudense a 31 de decembro de 2.013 será de 723.000 €.
Con esta medida, segundo anuncia o goberno local tudense, este Concello carece de endebedamento algún que implique o pago de intereses, evidenciando deste xeito o importante equilibro orzamentario acadado polo Concello de Tui froito dunha correcta xestión económica, pois o endebedamento que resta é á Caixa de anticipos da Deputación Provincial que carece de cobro de intereses. 
Neste momento de crise resulta moi importante que este Concello manteña unha solvencia económica que permita un pago corrente aos seus provedores, en xeral, empresas radicadas no noso concello contribuíndo deste xeito a, cando menos, non agravar as dificultades polas que atravesan moitas destas empresas.
Para o rexedor tudense é unha satisfacción poder presentar unhas contas saneadas que posibilitarán que no vindeiro orzamento municipal, mantendo os necesarios axustes, se poidan abordar novos investimentos precisos para o desenvolvemento da nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário