sexta-feira, 4 de outubro de 2013

ESTE DOMINGO 6 DE OUTUBRO ACTIVIDADES NO CONXUNTO HISTÓRICO: FESTA NO PRACER

Baixo o lema “Festa no Pracer: vive o conxunto histórico” o Concello de Tui coa colaboración de varios locais da zona de intramuros organiza este domingo unha serie de actividades que van ter lugar nas prazas do Pracer, a Armada, a Estrela e San Telmo. 
Esta mañá tiña lugar a presentación da programación no Concello de Tui presidida polo alcalde, Moisés Rodríguez, acompañado polo concelleiro do Conxunto Histórico e Rehabilitación, Nicolás Lorenzo, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, e a concelleira de Parques e Xardíns, Olga Montes.
O alcalde Moisés Rodríguez salientaba a importancia desta festa que ten coma principal obxectivo dinamizar o conxunto histórico tudense para revitalizar as súas prazas co fin de que a poboación as coñeza. Así mesmo aproveitaba para anunciar a  peonalización da zona monumental que comezará de forma case inmediata, feito que favorecerá indiscutiblemente ao turismo da localidade.
O concelleiro Nicolás Montes agradecía a colaboración de todos os veciños, hosteleiros e artesáns que participan e fan posible a celebración desta festa. Co programa previsto engadía que se van descubrir as nosas prazas e ao tempo se apoia ao pequeno comercio, agradecendo a colaboración dos establecemento que nestes momentos complicados fan un esforzo e suman sinerxías, salientando que o importante é dar vida ao conxunto histórico. Vanesa Rodríguez, concelleira de cultura, referíase á Festa do Pracer coma unha festa de todos, unha festa de todo o concello.
Esta actividade da continuidade a primeira festa celebrada no pasado ano co gallo dos 150 anos da urbanización desta praza e que contou cunha ampla participación popular, agora neste ano 2013 baixo o nome de “Festa no Placer”  o Concello de Tui impulsa esta actividade de dinamización do conxunto histórico tudense.
Ao longo da xornada, de 11,15 a 14.30h e de 17 a 21,00h, haberá postos de artesanía na Praza do Pracer con mostra de cestería, tecido, oleiría, trapillo, bixutería, e palilleiras. Amais na Praza da Armada haberá unha mostra do traballo dos telleiros do Rosal.
A música estará presente con pasarrúas e actuacións de grupos folclóricos locais e cun concerto de música folk a cargo do grupo de percusión Odaiko ás 19,30 horas e que conta co patrocinio de Agadic. 
A gastronomía será outra das propostas do programa que manterá prezos populares con postos na praza da Estrela a cargo de Monumental, A Muralla, Jaqueivi, A Adega, Viños e Tapas e  Remesal , contando coa participación como establecemento convidado do Parador de Turismo “San Telmo”.
Os nenos tamén teñen o seu momento nesta xornada coa actuación de “Kotemalabar”  cun espectáculo de circo a partir das 18,00 horas na Praza de San Telmo.
Ás seis e media da tarde terá lugar unha visita guiada polo conxunto histórico tudense que comezará na Praza da Armada.
Co programa previsto engadía que se van descubrir as nosas prazas e ao tempo se apoia ao pequeno comercio, agradecendo a colaboración dos establecemento que nestes momentos complicados fan esforzo e suman sinerxías, salientando que o importante é dar vida ao conxunto histórico

Domingo 6 de outubro - PROGRAMA
Prazas do Pracer, Estrela, Armada e San Telmo
11,15 h. (Praza do Pracer e da Armada)
Inauguración e entrega premios concurso de balcóns
Pasarrúas por grupo de gaitas “San Xoán” de Paramos
Exhibición dos telleiros do Rosal ao longo do día
Apertura dos postos de artesáns na Praza do Pracer (de 11,15 a 14,30 e de 17,00 a 20,30 h)
12,30 h. (Praza da Estrela)
Gastronomía coa participación dos seguintes establecementos “Monumental”, “A muralla”, “Jaqueivi”, “A Adega”, “Viños e tapas”, “Pizzeria Di Marco” e “Remesal”. Convidado: Parador “San Telmo”
17,00 h. 
Pasarrúas polo grupo folclórico “Santa Columba” de Ribadelouro
17,30 h. (Praza de San Telmo)
Espectáculo "Cirkote Teatro & Circo de rúa” con Kote Malabar.
18,00 h.
Pasarrúas polo grupo de baile “Refaixos e Polainas” de Baldráns
18,30 h.
Visita guiada polo conxunto histórico. Inicio Praza da Armada.
19,30 h. (Praza do Pracer)
Concerto de Odaiko Percusión Group. Patrocina Agadic.
Organiza: Concellería de Conxunto Histórico e Concellería de Cultura do Concello de Tui

Sem comentários:

Enviar um comentário