Solicita a colaboración cidadán para erradicar este atentado ao patrimonio
O Concello de Tui ten desenvolvido unha nova campaña de limpeza das numerosas pintadas que degradan o conxunto histórico da nosa cidade. No mandato do actual goberno municipal foron acometidas outra dúas intervención semellantes para recuperar o ornato en numerosos enclaves do casco monumental tudense alterado por pintadas.
Agora transcorridos dez meses cómpre realizar esta nova intervención pois ultimamente estamos sufrindo nesta zona da nosa cidade numerosas agresións ao patrimonio cultural mediante a realización de pintadas en edificios e monumentos. Unha empresa especializada procedeu de novo á limpeza destes enclaves monumentais para recuperar a imaxe da nosa cidade histórica.
Dende o Concello tudense se solicita á colaboración cidadá para evitar novas pintadas que degradan a zona monumental tudense xerando unha perdida da harmonía estética e causando normalmente un especial dano nos elementos máis relevantes do conxunto histórico. Unicamente unha estendida conciencia de que estas “intervencións” non contribúen ao benestar colectivo, senón a estragar a imaxe da nosa cidade diante dos visitantes que percorren as nosa rúas e a alterar a humanización desta zona da cidade, logrará desterrar definitivamente este atentado ao noso patrimonio.
Amais a reparación destas pintadas supón para o Concello de Tui un importante gasto económico. Agora unha empresa especializada ten abordado unha ampla intervención que contando con métodos respectuosos co patrimonio devolven o ornato e a necesaria harmonía ao conxunto monumental tudense.
Dende o Concello de Tui se insiste na necesaria colaboración de residentes e visitantes á zona histórica para desterrar estas accións vandálicas e chamase á responsabilidade aos autores destas pintadas que degradan un espazo secular de convivencia como son as rúas e prazas do conxunto histórico tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário