Hoxe inaugurouse no anexo á Sala Municipal de Exposicións da Área Panorámica de Tui a exposición “Descubre as Cooperativas”, organizada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. Á inauguración asistiu o alcalde Moisés Rodríguez e o presidente da Cámara de Comercio de Tui Gumersindo Alonso, entidade que organiza a presenza desta mostra en Tui.
A mostra busca divulgar, a través de paneis informativos e interactivos, o coñecemento do modelo do cooperativismo, o tipo de cooperativas que existen, os seus valores, os pasos para crear unha e os apoios que existen para emprendela. O cooperativismo preséntase así coma un modelo capaz de manter e crear emprego nun contexto de crise económica como o que a sociedade actual está a vivir, no que cun mínimo de tres socios e un capital de 3006 euros(material ou económico) pódese crear unha cooperativa do carácter que sexa.
A exposición estará aberta ao público de 10h a 14h e de 17h a 20h dende hoxe ata o vindeiro venres 4 de outubro.
Sem comentários:
Enviar um comentário