O próximo domingo 27 de outubro, ás 10.00 horas españolas, realizarase un novo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade 2013, “Mártires de Sobredo”, que terá a súa saída dende a igrexa de San Mamede na parroquia de Guillarei.
A andaina terá unha distancia de 8 quilómetros, cunha dificultade baixa e unha duración aproximada de dúas horas e media.
Para todos aqueles que non coñezan o punto de saída, quedarase no punto de encontro alternativo na gasolineira da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas, dende onde dirixiranse ao punto de saída.
Andaina Saudable Eurocidade - domingo 27 de outubro – 10.00 horas
Nome da rota: Mártires de Sobredo
Entidade Promotora: Concello de Tui
Localización da rota: Parroquia de Guillarei
Tipo de rota: Pequena rota
Ámbito da rota: histórico – cultural. Monumento á redención dos foros - movemento Agrarista - e os campesiños combatentes e caídos na manifestación de Sobredo.
Punto de partida: Igrexa de San Mamede de Guillarei – 10.00 horas
Punto de partida alternativo: Gasolineira Repsol (Parador Tui) – 09.45 horas
Distancia percorrida: 8 km
Duración da rota: 2h30
Grado de dificultade:Fácil
Sem comentários:
Enviar um comentário