Será o sábado ás 20h no Teatro Municipal de Tui a cargo de Fantoches Baj e da Banda de Música Popular de Tui
“As pombas do Carvoeiro” é o titulo do espectáculo que FalaRedes, o Programa de Dinamización Lingüística, achega este sábado, ás 20h, ao Teatro Municipal de Tui coa colaboración do Concello de Tui.
Fantoches Baj e a Banda de Música de Tui serán os encargados de pór en escena o relato co que un frade tenta convencer a un batallón das tropas napoleónicas de que non sacie a súa fame coas pombas mensaxeiras do mosteiro. Pero no relato hai tamén unha historia de amor entre Cervela, o correo do rei Fernando II, e Octavia, a filla máis nova Lupa de Lobarzán.
Os actores Ignacio Vilariño e Benxamín Otero interpretan a obra acompañados pola música orixinal do espectáculo que nesta caso corre a cargo da Banda de Música Popular de Tui.
Durante unha hora sucédense no escenario contos, cantos, lendas, romances, interpretados coa técnica de kamishibai e a música en directo. A obra vai dirixida a público familiar a partir de 8 anos.
As localidades débense retirar de xeito gratuíto dende ás 19.30h e ata ás 20h no despacho de billetes.
As Pombas do Carvoeiro
Data: Sábado, 19 de outubro, ás 20h
No Teatro Municipal de Tui
Retirada de entradas, gratuítas, de 19.30h a 20h no despacho de billetes.
Sem comentários:
Enviar um comentário