Na pasada semana tivo lugar a reunión do xurado encargado da valoración das candidaturas presentadas ao segundo concurso de decoración de balcóns e ventás do conxunto histórico de Tui acordando que ao abeiro do establecido nas bases deste concurso sobre os criterios a valorar, especialmente a continuidade da decoración ao longo do ano e a dificultade do seu coidado e tratamento e logo de analizar os traballos presentados ao concurso foi acordado por unanimidade o seguinte fallo:
O primeiro premio para Luisa Babarro Oyero, na rúa Ordoñez, que recibirá diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€
O segundo premio é para Ana Belén Rodríguez Domínguez, na Praza da Armada, que recibirá diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€
O terceiro premio é concedido a Concepción Díaz Comesaña, na Travesía do Foxo, que recibirá diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€.
Amais estableceuse un Premio Especial ao mellor establecemento de hostalería para valorar a contribución dos establecementos comerciais que foi concedido a Julián Ramírez Sánchez de Jaqueivy, que recibirá diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€.
Os premios serán entregados no vindeiro domingo 6 de outubro no decurso do acto de inauguración da “Festa no Placer: vive o conxunto histórico”.
Esta iniciativa, convocada por vez primeira no ano 2012, xorde como unha proposta para humanizar as rúas da zona monumental tudense promovendo a implicación dos seus habitantes na conservación e promoción deste conxunto patrimonial. Como sinalan as bases do certame “preténdese chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor”.
Este concurso está promovido polas concellerías do Conxunto Histórico e de Parques e Xardíns, coa colaboración das florerías tudenses “La Flor” e “Rita” e a “Fototeca”.
Sem comentários:
Enviar um comentário