Por segundo ano consecutivo a Escola Municipal de Música Municipal do Concello de Tui, impartirá o curso “Iniciación á Música para Pensionistas e Xubilados”. O programa é gratuíto e está orientado a persoas maiores e xubilados que teñan interese en iniciarse no mundo da música tanto a nivel teórico coma instrumental.
O curso impartirao D. Algirdas Petras Pocius , músico e Director de Orquestras de Corda e Mestre de violín/viola na Escola Municipal de Música e no Conservatorio Profesional de Tui.
As clases serán os martes pola mañá entre as 9:30h e 13:30h, con horarios definidos segundo as necesidades de cada grupo. O prazo de inscrición está aberto ata esgotar as prazas. Hoxe comezan xa as clases os dous grupos que se formaron o ano pasado.
Os interesados poden anotarse na propia Escola de Música en horario de tarde ou no departamento de Asuntos Sociais do Concello, que colabora nesta iniciativa, entre as 9:00h e 14:00h.
Sem comentários:
Enviar um comentário