Asistirán membros da corporación tudense, o presidente da Cámara de Valença, e veciños
Esta localidade xermana esta irmandada con Tui dende o pasado mes de abril
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, representantes da Corporación Municipal tudense (pertencentes ao grupos municipais do PP, PSOE e AT) e veciños da localidade, viaxarán á cidade alemana de Versmold, do próximo xoves 24 ao domingo 27 de outubro, para asistir ao festival “Europa baila en Versmold” no que participará unha delegación tudense para conmemorar a recente sinatura do acordo de irmandade.
A representación tudense neste festival estará a cargo do grupo de baile da parroquia de Paramos, tan especialmente unida á aquela cidade de Versmold e que foi unha das promotoras deste acordo de irmandade.
A localidade xermana irmandouse oficialmente con Tui no pasado mes de abril, cando o alcalde da alemán, Thorsten Klute, xunto cunha ampla delegación daquela localidade visitaron Tui, nas festas patronais de San Telmo, para asinar este protocolo de amizade.
A localidade de Versmold, de 21.000 habitantes, contou e conta cunha ampla presenza de inmigrantes de parroquias de Tui, especialmente de Paramos e Baldráns, que emigraron hai anos e onde, moitos deles, traballaron nas súas fábricas de embutidos. Na actualidade, un amplo número de tudenses cobran a súa xubilación tras traballar e vivir en dita localidade.
Por convite do concello de Versmold acode tamén o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, acompañado por vereadores daquela localidade. O alcalde tudense, concelleiros e veciños de Tui acudirán ao acto asumindo cada un persoalmente os gastos derivados da viaxe sen achega económica do Concello.
“Europa baila en Versmold” inclúe no seu programa actividades que buscan dar a coñecer a localidade xermana a Europa así coma afianzar a idea dunha conciencia comunitaria. Os asistentes visitarán museos, centros educativos para coñecer cómo funciona o sistema de ensino alemán, visitas guiadas por diferentes localidades da zona, e participarán no Festival “Europa tanzt in Versmold. A cultura non coñece fronteiras“ onde cada unha das cidades irrmandadas presentará costumes típicas do seu país.
Sem comentários:
Enviar um comentário