Será este venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui
O grupo “Os Cempés” presenta este venres, ás 21.30h, en concerto no Teatro Municipal de Tui o seu último traballo “Tentemozo”.
O grupo de Ferrolterra chega a Tui para presentar o seu novo disco no que contou coa colaboración de músicos convidados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, … pero tamén do alumnado da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque). A gravación do disco foi posible grazas ao sistema de crowdfouning, sendo financiada polos propios fans ao través da web www.verkami.com.
Tras vinte anos no mundo da música nos que percorreron toda Galicia, Portugal, España, Francia, Noruega ou Inglaterra, e logo dun paréntese de cinco anos, Os Cempés chegan agora con máis forza nun directo no que farán cantar e bailar ao público dende o primeiro tema.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h pódense mercar no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3,5€.
Os Cempés en Concerto
Data: Venres, 18 de outubro, ás 21.30h
No Teatro Municipal de Tui
Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h pódense mercar no despacho de billetes ao prezo de 4€ e 3,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário