A programación do último trimestre do ano no Teatro Municipal de Tui comeza este venres, 4 de outubro, coa compañía Malasombra representando a obra “Misión Sapiens (operación comedia)”. A cita será ás 21.30h dirixida a público adulto.
Misión Sapiens está dirixida por Marcos Orsi e José Luís Prieto e interpretada por Luís Iglesias, Marcos Orsi, Xabier Deive, Jouse García e Xoque Carbajal.
Durante 95 minutos cinco grandes eruditos de diversos campos aportarán, en ton cómico, coñecementos de cultura xeral, comportamento, educación, música, libros, películas, deportes.... nun divertido espectáculo.
Malasombra producións S.L. fundouse no ano 2002 polo actor Xoque Carbajal. Tras comezar coma unha pequena compañía de teatro, unha década despois converteuse nun proxecto empresarial de produción e distribución teatral.
As entradas para esta función, ao prezo de 6€ e 4,5€, están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, tamén se poden mercar o propio venres dende ás 20h no Despacho de Billetes na Área Panorámica.
Malasombra con “Misión Sapiens”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 4 de outubro, ás 21.30h
Venda de entradas en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h no Despacho de Billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário