Esta veciña de Guillarei recibirá a visita do Alcalde de Tui
Este domingo Dona Herminda Villaverde Romero, residente na parroquia tudense de Guillarei, cumprirá cen anos de vida. Con tal motivo o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañado por outros membros da Corporación Municipal tudense realizará unha visita ao domicilio familiar de Dona Herminda ás 12,00 horas para expresarlle en nome todos os parabéns por este aniversario.
Sem comentários:
Enviar um comentário