sexta-feira, 4 de outubro de 2013

O ALCALDE VISITA AS INSTALACIÓN DO SOS TOMIÑO – BAIXO MIÑO EN TUI

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, realizou esta mañá unha visita ás instalacións que SOS Tomiño – Baixo Miño ten no edificio da antiga alfándega tudense.
No decurso desta visita os directivos e voluntarios desta agrupación social informáronlle ao rexedor tudense da inmediata posta en funcionamento destas instalación onde proporcionarán alimentos básicos ás familias con necesidades destes subministros alimentarios.
Todos os luns e xoves  de 11 a 13 horas os voluntarios desta asociación atenderan no edificio da antiga alfándega de Tui e informarán a todas aquelas persoas interesadas na actividade desta asociación.
Os membros de SOS Tomiño – Baixo Miño agradeceron ao Concello de Tui a súa colaboración con este proxecto, ofrecendo un local para desenvolver este labor e os medios materiais necesarios.
O alcalde tudense valorou moi positivamente este labor que dende agora a asociación “SOS Tomiño – Baixo Miño” emprende na nosa cidade e que reforzará o traballo que tanto o Concello como outros colectivos tudenses desenvolven neste ámbito. Un labor imprescindible neste tempos de crise polos que atravesamos. Asemade Moisés Rodríguez resaltou o importante grupo de voluntarios tudenses que se teñen involucrado neste proxecto de tanta importancia social ao tempo que expresou o seu agradecemento a todos os voluntarios polo seu altruísmo.

Sem comentários:

Enviar um comentário