O vindeiro luns, 28 de outubro, inaugúrase oficialmente o novo curso escolar do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Tui cun concerto ás 20:30h na Sala de Audicións do Conservatorio.
O acto correrá a cargo do “Trío Nostalgias” no que un dos compoñentes é docente do propio centro no que imparte clases de solfeo e piano. No acto entregaranse DVDs aos alumnos que o ano pasado participaron no concerto de Final de Grao e Diplomas acreditativos a aqueles que remataron os seus estudos de 6º de Grao Profesional no Conservatorio. Este ano como novidade entregaranse tamén diplomas acreditativos aos alumnos que remataron o 4º Curso da Escola de Música .
O Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Tui celebran así o inicio dun novo curso que este ano conta con máis de 320 alumnos matriculados. A Escola de Música contaba o ano pasado cun total de 246 estudiantes, e o Conservatorio 81, dos cales, máis de 10 conseguiron o título de Grao Profesional .
A agrupación musical que protagonizará a inauguración, “Trío de Nostalgias”, nace no ano 2000 da man de tres músicos que tras unha longa traxectoria no mundo das orquestras deciden xuntar as súas cualidades e iniciar xuntos un proxecto máis intimista e de vertente máis clásica. Marcela, de orixe arxentino, é a voz do grupo xunto con Willy, quen ademáis cativa coas notas melancólicas da súa guitarra. Suso, docente no Conservatorio Profesional de Tui, trae consigo unha importante experiencia ás súas costas nos mellores escenarios de España, encargándose da dirección musical no conxunto “Trío de nostalgias” onde é coñecido polos seus compañeiros coma “mestre”. A entrada é de balde ata completar o aforo.
Sem comentários:
Enviar um comentário