A inscrición, gratuíta, farase dende ás 16.30h na Corredoira que é o punto de concentración
A saída será ás 17.30h dende o Paseo da Corredoira. Ao remate sortearase material deportivo e unha bicicleta entre os participantes.
Este sábado, 26 de outubro, vaise celebrar en Tui “Únete á Volta”, a antiga festa da bicicleta, cun percorrido de 6,5km de dificultade baixa. Esta actividade deportiva está organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui.
O punto de concentración para os participantes será dende ás 16.30h no Paseo da Corredoira, onde deberán recoller o seu dorsal, co que entrarán logo no sorteo de agasallos, e co que amais teñen cobertura dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A marcha comezará ás 17.30h con saída dende a Corredoira cara ao Conxunto Histórico, Santo Domingo, Rebordáns, Pazos de Reis e regreso pola Avenida da Concordia ata a Corredoira onde volverán chegar os participantes.
A presentación deste evento deportivo, non competitivo, tivo lugar esta mañá na Casa do Concello a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a deputada Marta Iglesias, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e o director técnico do evento, Marcos Serrano.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destaco una súa intervención que esta é unha proba moi atractiva e familiar. Tivo palabras de agradecemento para a Deputación “por seguir pensando en Tui” e para os patrocinadores e colaboradores que dicía “son unha peza fundamental”.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, convidou á cidadanía a participar nesta festa, na que destacou que ten un circuíto moi accesible. Agardan, segundo as súas palabras, poder superar a cifra de 300 participantes rexistrada na edición do ano pasado. Destacou amais a colaboración dos tres clubs ciclistas do municipio o MTB Aloia, a Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas e o Club Ciclista de la Fuente.
A deputada Marta Iglesias, explico una súa intervención que “Únete á Volta” é unha actividade de apoio ao paso da Volta Ciclista a España pola provincia que tomou o relevou da histórica festa da bicicleta que se realizou durante máis de trinta anos. Destacou a deputada que a inscrición é gratuíta e que ao remate farase un sorteo de material deportivo e dunha bicicleta.
Por último o director técnico do evento, Marcos Serrano, destacou que “Únete á Volta” deste ano 2013 comezou en Cambados e logo de máis dunha trintena de actividades na provincia remata este sábado en Tui. Fixo fincapé amais no accesible do circuíto a realizar tanto con bo coma con mal tempo.
Sem comentários:
Enviar um comentário