O club de patinaxe inicia a súa actividade no Concello de Tui
Mañá venres, 11 de outubro, ás 18.30 horas, no pavillón deportivo do IES San Paio, realizarase a presentación do Club Ribex de patinaxe, que a partir desta tempada 2013-2014 terá a súa sede de adestramentos en Tui e representará ao noso concello nas súas competicións oficiais.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, acompañados por outros concelleiros de Tui, así como da xunta directiva do Club Ribex, e as patinadoras e patinadores das escolas deportivas do club, que realizarán tres actuacións ao largo do acto.
Dado que o Club Ribex continua a súa actividade no noso concello, lembrar que dende o ano pasado imparten as clases nas escolas deportivas da Deputación de Pontevedra no noso concello, todas aquelas persoas interesadas na actividade do patinaxe poderán asistir á presentación, onde os adestradores e adestradoras do club poderán aclarar calquera dúbida que teñan.
Sem comentários:
Enviar um comentário