Obradoiro, contacontos e unha nova edición do concurso de fotografia “Lendo na casa”
Este xoves, 24 de outubro, celébrase o “Día da Biblioteca” e dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui se ten organizado un programa de actividades para conmemorar esta data que pretende resaltar o importante papel dos centros bibliotecarios no acceso á cultura.
As actividades programadas abranguen:
Mércores 23 de outubro – 17,30 h.: Obradoiro “Anxo e os contos de aventura, fantasia e medo”
Xoves 24 de outubro – 17,30 horas: Contacontos: “A grila Camila” coa narradora tudense Silvia Capón e a ilustradora Patrizia Acebes
Amais a Biblioteca Pública Municipal de Tui, en colaboración coas bibliotecas escolares do noso municipio, convoca a segunda edición do concurso de fotografía “Lendo na casa” que pretende fomentar o hábito da lectura no ámbito doméstico e a creatividade plástica e artística. Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías, en branco e negro ou a cor; cada unha delas virá acompañada dun título, opcionalmente poderá acompañar unha breve descrición sobre as circunstancias da fotografía ou un breve fragmento literario relacionado coa obra presentada.
O prazo de presentación dos traballo remata o 30 de novembro de 2013. Establécense tres premios, consistentes en: outros tantos lotes de libros seleccionados pola Biblioteca Pública Municipal de Tui, así como un diploma acreditativo para os accésits, se os houbera.
A celebración do “Día da Biblioteca” é unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil que dende 1997 ven promovendo esta efeméride para a difusión do importante papel que cumpren as bibliotecas no desenvolvemento social das persoas e das colectividades e para favorecer o coñecemento pola opinión pública do traballo que realizan estes centros culturais.
Sem comentários:
Enviar um comentário