Dende hoxe volve estar aberta ao público a Oficina Municipal de Información Turística de Tui situada na Praza de San Fernando a carón da Catedral.
Unha bolseira diplomada en Turismo da Deputación de Pontevedra é xa dende hoxe a encargada de atender aos visitantes que se achegan ata este punto. A Oficina abrirá a súas portas de martes a domingo de 10 a 14h e de 16 a 18h, permanecendo pechada os luns.
Hoxe pola mañá no primeiro día de apertura pasaron xa pola Oficina Municipal 60 persoas de Madrid, 2 de Bilbao, 2 de Cangas e tres peregrinos, dous deles de Alemaña e outro do Ferrol.
Neste punto de información os visitantes á cidade poden acadar información sobre os puntos de interese turístico do municipio así coma sobre o Camiño Portugués de Santiago.
Sem comentários:
Enviar um comentário