Este sábado, 28 de marzo, coincidindo coa celebración dunha nova edición do Mercado da Verdura, porase en marcha a creación dun banco de sementes autóctonas. É unha iniciativa que persegue recuperar as sementes da zona, un proxecto do que este sábado se dará o primeiro paso para recuperar as plantas autóctonas e todo o seu potencial.
O Mercado da Verdura volverá celebrarse de 10 a 14h no Cárcere Vello en Tui, na rúa Sanz, coa presenza dos produtores ecolóxicos da zona para vender directamente a colleita da temporada: verdura, tirabeques, guisantes, espinacas, acelgas, apios, verzas, grelos, nabizas...
O mercado está organizado polo Concello de Tui, APEGA e o Foro Tude.
Sem comentários:
Enviar um comentário