500
xogadores e xogadoras participan no XIII Torneo Internacional de
Baloncesto Eurocidade. Celebrarase
esta fin de semana no pavillón de Valença dentro do calendario de
actividades deportivas da Eurocidade
Hoxe
venres, mañá sábado e o domingo celebrarase no pavillón deportivo
municipal de Valença o XIII Torneo Internacional de Baloncesto,
organizado polo Basquet Club de Valença, en colaboración coa
Eurocidade, que nesta edición formará parte do calendario de
actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença.
Nesta
edición participarán trinta e un equipos de Portugal e España, co
preto de 500 xogadores e xogadoras de baloncesto, nas categorías de
base sub 8, sub 10 e sub 12, que competirán no pavillón de Valença.
Pero
este torneo non só é competición, xa que os deportistas realizarán
outro tipo de actividades de lecer e culturais, gozarán de xogos na
piscina municipal, así como coa celebración dun karaoke,
actividades que permitiran unha convivencia entre todos os
participantes.
Sem comentários:
Enviar um comentário