“Uxío no país de Patadecabra” é o título do espectáculo que este xoves, 19 de marzo, ás 20h presenta Expresión Produccións no Teatro Municipal de Tui.
Trátase dun espectáculo dirixido a público familiar, recomendado a partir dos 4 anos, escrito por Marina López e Fran Otero, que forman parte do elenco xunto a Manuel Solla. Ten unha duración de 55 minutos.
“Uxío no país de Patadecabra” é unha obra de maxia, teatro e monicreques protagonizada por un rapaz de 7 anos, Uxío, cuxo soño é converterse nun gran mago. A súa familia é moi humilde e o seu único xoguete é un libro cheo de emocionantes historias sobre o país fantástico: Patadecabra.
As entradas están á venda ata este xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Expresión Produccións con “Uxío no país de Patadecabra”
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Data: Xoves, 19 de marzo, ás 20h
Venda de entradas: ata este xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário