É o segundo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade
Este domingo 29 de marzo, realizarase a andaina “Circular da Macoca”, segundo percorrido do IV Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade. Sairá dende o pavillón da Macoca, en Pazos de Reis, a partir das 10.00 horas españolas.
O percorrido circular terá unha distancia de 9 quilómetros, cunha duración aproximada de tres horas, sendo a dificultade baixa.
Como sempre, o punto de encontro alternativo, para aqueles que non coñezan o punto de saída, será o aparcamento do Centro Interfederado, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas.
Na primeira andaina “Veiga da Mira”, que se celebrou no municipio de Valença, ao redor de cento vintecinco participantes gozaron dun percorrido pola ecopista de Valença, polo que neste segundo pecorrido, polo Monte Aloia, se agarda repetir esta participación.
Compre lembrar que na noite do sábado ao domingo cambiará a hora para o horario de verán.
Sem comentários:
Enviar um comentário