O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibiu esta mañá na Casa do Concello de Tui ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, quen presentou na cidade as subvención, publicadas hoxe no DOG, dirixidas a concellos para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural. A presentación destas axudas realizouse hoxe en Tui, por ser este o punto de entrada do Camiño Portugués en Galicia, segundo explicou o delegado territorial.
O obxecto destas subvencións, segundo explicou Cores Tourís, é o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural, sendo subvencionables miradoiros e rotas de sendeirismo en espazos naturais salvo que estean en Rede Natural, praias marítimas e fluviais e Bens de Interese Cultural (BIC). En concreto poderán optar a estas axudas as seguintes actuacións:
a) Construción, ampliación ou mellora de aparcamentos para o acceso aos recursos definidos neste artigo.
b) Pavimentación dos accesos ao recurso, pasarelas, ramplas e eliminación de barreiras arquitectónicas.
c) Construción ou rehabilitación ou mellora das instalacións que contribúan a mellorar os accesos e circulación dos visitantes e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.
d) Rehabilitación ou mellora da accesibilidade dos espazos naturais e/ou dotación de equipamentos nestes.
e) Sinalización, información visual e información táctil. Está excluída a sinalización do Camiño de Santiago.
Estas axuda contan cun orzamento de case 1,6 millóns de euros. O importe máximo por proxecto será de 50 mil euros.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, avanzou que o Concello de Tui presentará a esta orde de subvencións un ambicioso proxecto dirixido tamén aos espazos naturais do municipio coma á zona BIC, que terán agora que estudar. Engadiu que a Praia Fluvial de Guillarei ou o Paseo Marítimo de Tui poderán ser dos dous emprazamentos destes proxectos de mellora.
Sem comentários:
Enviar um comentário