O Concello de Tui procedeu nas últimas horas ao pintado do túnel das Monxas Encerradas no Conxunto Histórico de Tui eliminando así as múltiples pintadas existentes no mesmo. Esta actuación forma parte dunha campaña máis ampla que o Concello de Tui está levando a cabo nunha nova ocasión para eliminar as pintadas en diversos lugares da cidade principalmente no Conxunto Histórico.
Dende o Concello de Tui solicítase a colaboración cidadá para evitar novas pintadas que degradan a zona monumental tudense de xeito reiterado así coma os desperfectos que soen rexistrarse en diferentes elementos do mobiliario urbano.
Sem comentários:
Enviar um comentário