Abrirá as súas portas de 10 a 14h no Cárcere Vello en Tui
Mañá ás 10h abrirá de novo no Cárcere Vello en Tui, na rúa Sanz, o Mercado da Verdura, ao que acoden dúas veces ao mes os produtores ecolóxicos para vender directamente a colleita da temporada. Entre os produtos que poderemos atopar haberá berzas, os repolos, a colifor, romanesco, legumes secas, lombarda, aromáticas. Estarán á venda ata ás 14h.
Amais mañá comeza a primeira das charlas que se van celebrar ao longo das próximas semanas coincidindo co Mercado da Verdura. Esta primeira charla correrá a cargo de Juan José García Díaz, director comercial de Ecocelta, quen falará da súa empresa dedicada aos abonos ecolóxicos. A cita será ás ...
O mercado está organizado polo Concello de Tui, APEGA e o Foro Tude.
Sem comentários:
Enviar um comentário