O Concello de Tui súmase, por terceiro ano consecutivo, á Hora do Planeta, unha iniciativa da ONG WWF coa que se pretende concienciar sobre o cambio climático e amosar o compromiso coa defensa do medio ambiente.
Mañá sábado o Concello apagará a iluminación da Catedral de Santa María entre ás 20.30h e ás 21.30h. Con este acto simbólico amosará o seu apoio á Hora do Planeta, e ao tempo anima tamén aos cidadáns tudenses a sumarse a esta iniciativa nos seus fogares.
A Hora do Planeta é a maior campaña global de mobilización e loita contra o cambio climático. Organizada por WWF naceu en Sidney en 2007 e desde entón logrou a participación de máis de 7.000 cidades e pobos de 160 países, miles de empresas, centros educativos e entidades que suman a súa voz para demostrar que un futuro baseado nas enerxías limpas é posible.
Dende a ONG organizadora fan fincapé en que este ano é especialmente importante na loita contra o cambio climático xa que no mes de decembro, en París, os gobernos de todo o mundo teñen o reto de aprobar un acordo a favor do clima.
Sem comentários:
Enviar um comentário