Un balance positivo é o que se pode facer do curso de Deshabituación Tabáquica impartido no Concello de Tui pola Asociación Española contra o Cancro. Así o expón a terapeuta que levou a cabo esta actividade entre o 28 de xaneiro e o 11 de marzo con sete sesións. No mesmo participaron 13 persoas, 7 mulleres con idades entre os 35 e os 53 anos, e 6 homes de entre 27 e 71 anos. Deste total 7 persoas deixaron de fumar, 5 fuman 3 ou menos cigarrillos, e 1 persoa fuma máis de 3 cigarillos.
A mediados do próximo mes de abril está previsto realizar o primeiro seguimento destas persoas que participaron no curso.
Sem comentários:
Enviar um comentário