O Concello de Tui procedeu a instalar nos últimos días unha nova marquesiña en Area na Po-552 no cruzamento cara Hospital, substituíndo así a que había no lugar até o momento que estaba moi deteriorada.
A nova marquesiña foi solicitada polo Concello á Dirección Xeral de Mobilidade dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, facéndose cargo a entidade municipal da súa instalación e mantemento.
A marquesiña mide 4,70 metros de lonxitude por 1,65 metros de ancho. Consta de seis piares de tubo de aceiro inoxidables, unha cuberta de panel de resina reforzada con fibra de vidro, e paneis de cerramento de vidro temperado de 8 mms de grosor. Amais está dotada cun banco de resina reforzada con fibra de vidro
Sem comentários:
Enviar um comentário