O tudense Gustavo Rodríguez acadou a primeira posición no duatlón de Lugo
A pasada fin de semana o deporte tudense ocupou as primeiras prazas en campionatos nacionais e autonómicos. Se o Club Kayak Tudense acadaba o Campionato de España de Piragüismo por décima vez consecutiva, sumando dezaseis títulos nacionais no seu palmarés, outro club de Tui, o Club Ribex de Patinaxe competía na Copa de España, acadando o subcampionato co grupo de Show, sendo o único club galego en subir ao podium nesta categoría.
O campionato, que se celebrou no pavillón das Travesas de Vigo, disputouse na xornada do sábado na categoría de grupos show e no domingo na categoría de cuartetos, participando o Club Ribex nas dúas disciplinas, acadando o subcampionato e unha meritoria cuarta praza nesta última.
Por outra banda, o triatleta Gustavo Rodríguez competiu na pasada fin de semana no duatlón de Lugo, acadando a primeira posición. Esta era a terceira proba do Circuito Galego de Duatlón, no que Gustavo Rodríguez gañou tamén no duatlón de Guitiriz. Tras este triunfo participará a próxima semana na Volta a Lleida, antes de afrontar os grandes retos do ano no mundo do triatlón.
O Concello de Tui felicita ao Club Ribex de Patinaxe e a Gustavo Rodríguez, polos éxitos acadados nestes campionatos e desexándolles moita sorte nas seguintes citas nas que participen.
Sem comentários:
Enviar um comentário