O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, acompañou esta mañá ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na visita as obras que se están acometendo na estrada Po-404 entre Guillarei e A Rañada en Caldelas para a conservación integral da pavimentación de sobreanchos neste vial.
Moisés Rodríguez lembrou que esta actuación era unha vella petición que tiña realizado coma alcalde á Xunta de Galicia xa que a mesma suporá unha mellora na seguridade vial desta estrada pola que diariamente transitan 2.600 vehículos. A obra está orzamentada en 41 mil euros executándose ao longo de 9 quilómetros na parroquias tudenses de Guillarei, Baldráns, Paramos e Caldelas. Con esta obra complétase a actuación realizada no seu día ao abeiro do Plan E coa construción de beirarrúas nesta estrada Po-404 quedando daquela sobreanchos sen pavimentar que son nos que agora se está rebaixando a zahorra en cinco centímetros para posteriormente colocar unha capa de aglomerado, traballos que se completarán co pintado de toda esta estrada.
Moisés Rodríguez aproveitou a visita do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, para lembrar outras solicitudes en materia de infraestruturas por parte do Concello de Tui coma o acceso ao Parque Empresarial de Areas, ou a construción dunha rotonda na Po-404 na intersección coa estrada que vai cara a Veiga do Louro.
Sem comentários:
Enviar um comentário