terça-feira, 7 de fevereiro de 2012

Disset Teatre achega a Tui a verdadeira historia da Bela Durmiente



A verdadeira historia da Bela Durmiente é a que poderemos coñecer este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui da man de Disset Teatre. Esta compañía balear presenta en Tui “Las hadas de la Bella Durmiente”.
Trátase da reconstrución da historia de Englantina, a famosa Bela Durminte, pero neste caso dende o punto de vista das fadas 12 e 13, as que lanzaron a maldición que logo suavizaron. A acción transcorre na Torre Punzante, onde os obxectos escondidos e gardados neste lugar, agullas, madeixas, fío e demais cachivaches. amosarán o que realmente aconteceu.
Este espectáculo de teatro e monicreques está dirixido por Jordi Palet e Juanma Palacios, e interpretado por Ana Dobón e Esther López. Esta montaxe recibiu o premio ao Mellor Espectáculo de Monicreques e Obxectos en FETEN 2011.
Disset Teatre naceu en 2008 da man de Carme Serna, Mariaje López, 
Juanma Palacios e Pep Pérez. Os seus espectáculo móvense na liña do teatro xestual e visual. “Las hadas de la Bella Durmiente” é a súa terceira montaxe, á que precederon “El vol de Calàndra”, premio ao Mellor Proxecto de Teatro Visual do l’Institut del Teatre 2008, e “La Gola del Llop”, premio Boira de Dramaturxia Teatral.
As entradas para este espectáculo están xa á venda, ata o venres ás 13h, na web www.culturatui.info, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.
Disset Teatre con “Las hadas de la Bella Durmiente”
Data: Venres 10 de febreiro ás 20h
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Venda de Entradas: na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes
Prezos: 3€ e 2€.

Sem comentários:

Enviar um comentário