quinta-feira, 23 de fevereiro de 2012

UNHA DELEGACIÓN DO CONCELLO DE TUI VISITARÁ A LOCALIDADE XERMANA DE VERSMOLD


Unha delegación oficial do Concello de Tui, encabezada polo seu Alcalde, visitará de xoves a sábado a localidade de Versmold, en Alemania, devolvendo deste xeito á visita realizada polas autoridades de Versmold á nosa cidade no pasado mes de xullo. As relacións entre Tui e Versmold xorden pola presenza naquela localidade de Renania do Norte – Westfalia dunha ampla comunidade de emigrantes tudenses. Aínda que un bo número regresaron ao noso municipio aínda son numerosos os residentes en Versmold.
A delegación tudense será recibida oficialmente no Concello de Versmold polo seu burgomestre, Thorsten Klute, e desenvolverán un amplo programa de actividades que abrangue, entre outras actividades, un encontro coas autoridades municipais, cun grupo de empresarios locais, a visita á fábrica de embutidos “Wiltmann”, unha das principais produtoras de Alemaña, e ao mercado de San Pedro. Completa o programa un percorrido polos principais enclaves desta localidade de pouco máis de 21.000 habitantes.
A delegación tudense fará tamén entrega dun agasallo aos integrantes do club de fútbol “Español” de Versmold, consistente nunha equipaxe patrocinada polo noso Concello.
A delegación do Concello de Tui está encabezada polo seu alcalde, Moisés Rodríguez Pérez , e está integrada polos concelleiros do goberno municipal Vanesa Rodríguez e José Angel Villaverde, así como polos concelleiros de Alternativa Tudense, Telmo González, do grupo municipal socialista, Enrique Cabaleiro, e de Converxencia XXI, Carlos Vázquez.
Para o alcalde tudense está visita tenta afondar nos coñecemento entre ambas localidades, de similares características demográficas, e con diversidade nos ámbitos sociais e económicos... para estudiar posibles camiños cara un irmanamento e canles de colaboración mutua nos ámbitos culturais, deportivos, económicos, laborais, educativos, etc. 
A comunidade tudense e española existente naquela localidade xermana, integrada por varios centenares de persoas, agarda con grande expectación a nosa visita, engade o máximo rexedor tudense, pois agardan contribúa ao incremento das relacións entre as nosa localidades, tema no que traballan con grande ilusión.
Para Tui, que recentemente ten asinado con Valença a creación da Eurocidade, esta visita a Versmold afianza a vocación de traballo a prol dunha Europa dos cidadáns construída dende a dimensión local, afirma Moisés Rodríguez Pérez.

Sem comentários:

Enviar um comentário