quarta-feira, 15 de fevereiro de 2012

O CONCELLO DE TUI FELICITA Á ATLETA TUDENSE LETICIA FERNÁNDEZ MEDALLA DE PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA


A tudense Leticia Fernández acadou a medalla de prata na final dos 1.500 metros do Campionato de España Promesa en pista cuberta, celebrado a pasado fin de semana no Centro de Tecnificación Deportiva de Antequera.
A atleta tudense, pertencente ao Ourense Academia Postal, rematou en segunda posición, co tempo de 4:41.48, a pouco mais dun segundo da gañadora da proba. Este resultado confirma o bo momento da atleta nesta tempada sendo unha das grandes esperanzas do medio fondo galego.
Dende o Concello de Tui quérese felicitar a Leticia Fernández polo Subcampionato de España Promesa. 

Sem comentários:

Enviar um comentário