A Casa do Concello de Tui acolle estes días unha exposición conmemorativa do XX aniversario da creación da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, onde por medio de 25 paneis despregables os visitantes poden achegarse ás principais actividades desenvolvidas ao logo deste período.
Organizada pola Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal esta mostra está estruturada conceptualmente en torno a un mensaxe de concienciación dos efectos positivos da cooperación. A exposición planéase como un percorrido ordenado por temáticas, en que paso a paso, e a modo de balance, o visitante vaise adentrando nos diversos aspectos institucionais, sociais e materiais que xiran entorno á cooperación transfronteiriza. A exposición consta de 9 bloques temáticos, que reflicten os grandes fitos e logros na cooperación transfronteiriza nestas dúas décadas, insistindo na importancia en temas como a o coñecemento (I+D+i, a cultura...) e a proximidade (as Eurocidades). Os mencionados bloques son:
institucional e administración
infraestructuras
sector medio ambiental
sector tecnolóxico: I+D+i
ámbito económico-empresarial
ámbito de los servizos sociais, emprego e sanidade
sector turístico e cultural
sector pesqueiro,
estudios e publicacións conxuntas
Esta exposición estivo instalada na antiga alfándega de Valença o pasado venres no acto de sinatura do acordo de creación da Eurocidade Tui – Valença.
Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, con esta exposición se pretende dar a coñecer aos cidadáns o traballo conxunto e continuado entre ambas rexións transfronteirizas que ten resultado especialmente positivo. Un dos froitos desta cooperación é o acordo dos municipios de Tui e Valença que aportará, sen dubida, interesantes beneficios aos cidadáns de ambas as dúas cidades.
Sem comentários:
Enviar um comentário