O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 2 de marzo, ás 21.30h a representación de “Tango” da man de Sarabela Teatro.
“Tango” é unha obra de Slawomir Mrozék estreada hai 47 anos pero que segue de plena vixencia. É un dos textos teatrais máis relevantes do teatro polaco en todo o mundo. Os protagonistas son tres xeracións da familia Stomil, ao través das cales, como metáfora da sociedade, o autor amosa de xeito traxicómico e grotesco o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional.
Este espectáculo está dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda e interpretado por Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Sabela Gago, Lino Braxe, Fernando Dacosta e Nate Borrajo.
Tras vinte e nove anos de traballo Sarabela Teatro está recoñecida coma unha das compañías máis consolidadas de Galicia. No seu haber contan cunha longa lista premios entre os que cabe destacar 35 María Casares, 5 Fetén ou 6 Compostela. Nestas case tres décadas sobre os escenarios teñen apostado tanto por textos de recoñecidos autores, coma por outros de autoría propia, así coma polo seu compromiso co teatro galego e cos espectadores.
As entradas están xa á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o propio venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4€.
Sarabela Teatro con Tango
Data: Venres, 2 de marzo, ás 21.30h
Lugar: Teatro Municipal
Entradas á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o propio venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4€.
Sem comentários:
Enviar um comentário