O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo na mañá de onte, mércores 1 de febreiro, unha xuntanza na cidade de Tui para tratar diversos asuntos relacionados co seu organismo.
Acompañado do alcalde de Tui e outros membros do equipo de goberno mantivo reunión cun representante da empresa que está actualmente realizado as obras de mantemento da Ponte Internacional que, acompañado do vereador da Cámara Municipal de Valença José Lopes, solicitáronlle o uso das instalacións de Portos de Galicia en Goián para a montaxe dunhas pezas, tipo abrazadeira, destinadas os piares da vella ponte metálica e dende alí serían trasladadas ata a ponte de Pelayo Mancebo Agreda. José Juan Durán Hermida amosou a súa vontade de colaborar neste tema no que tamén cómpre contar coa aprobación de Costas do Estado que posúe tamén competencias neste tema.
O presidente Portos de Galicia mantivo tamén unha xuntanza con representantes do Club Náutico “San Telmo” en relación ao novo canón establecido polo uso do porto deportivo tudense e que está causando diversos problemas cos usuarios desas instalacións. José Juan Durán manifestou que estas taxas foron establecidas con carácter xeral e que están estudando unha posible modificación das mesmas para facilitar o uso destas instalacións portuarias. Abordaron tamén outros aspectos relacionados con este porto deportivo de Tui coincidindo todos na necesidade da súa potenciación como un grande atractivo para o turismo da nosa cidade e como un dos elementos básicos para o aproveitamento do río Miño como un espazo privilexiado para o lecer e a práctica deportiva. Finalmente coincidiron en elaborar un programa para a potenciación do local que ocupa actualmente o Club Náutico como un espazo público ao servizo da valorización do río Miño e o seu aproveitamento turístico.
O alcalde de Tui agradeceulle a José Juan Durán Hermida a súa presenza na cidade para tratar estes dous asuntos de gran interese para a nosa cidade e a súa vontade de colaborar intensamente co Concello de Tui e os colectivos da nosa cidade na promoción do seu porto deportivo e o aproveitamento turístico e deportivo do río Miño. Moisés Rodríguez aproveitou para convidar ao Presidente de Portos de Galicia para que realice unha visita institucional á Tui.
web sobre la ciudad de Tui, http://www.ciudadetui.es
ResponderEliminar