sexta-feira, 24 de fevereiro de 2012

O CONCELLO DE TUI MELLORA O ALUMEADO PÚBLICO


A Concellería de Alumeado do Concello de Tui ten impulsado en datas recentes diversas actuacións para a mellora do alumeado público en diversas zonas da cidade. 
En concreto, estes días rematou a instalación de diversos puntos de luz na rúa de baixada á zona da Piscina Municipal e dos Pavillóns polideportivos municipais que, a pesar da ampla circulación de persoas e vehículos existentes, carecía dunhas instalacións de iluminación axeitadas.
Completouse esta intervención coa colocación de diversos puntos de luz no estacionamento do novo Pavillón Polideportivo Municipal, amplamente utilizado polos usuarios dos establecementos deportivos públicos e privados existentes nas súas inmediacións.
Tamén na zona da Ponte Internacional, en concreto, no inicio da senda peonil recentemente axeitado polo Concello de Tui, e en resposta a unha solicitude de veciños, foron instalados diversos puntos de alumeado para a seguridade dos peóns que en tan grande número percorren este sendeiro nos seus paseos.
Para o concelleiro responsable deste área, José Angel Villaverde Rocha, a colocación destes puntos de luz ten suposto unha mellora substancial na seguridade vial dos usuarios desta rúa, tanto peóns como vehículos. Esta actuación municipal, engade o concelleiro Villaverde Rocha, enmarcase dentro da vontade municipal de acometer tamén estas pequenas intervencións pero que redundan nunha mellora da calidade de vida e dos servizos públicos que disfrutan os veciños de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário