Este sábado, 11 de febreiro, ás 19.30 horas, vaise disputar no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui o partido pertencente á Liga de baloncesto en cadeira de rodas de División de Honra, entre os equipos do Aldasa Amfiv e o CAI Zaragoza.
Será unha oportunidade para poder gozar en Tui dun acontecemento deportivo de primeira liña, dun deporte que aglutina importantes valores, como o afán de superación, a integración de colectivos de discapacitados e sobre todo o ensino do traballo en equipo.
A entrada é de balde.
Sem comentários:
Enviar um comentário