sábado, 18 de fevereiro de 2012

O vindeiro mércores, 22 de febreiro, o presidente da Xunta recibe ao alcalde de Tui


O vindeiro mércores, 22 de febreiro, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recibirá no seu despacho oficial de Santiago de Compostela ao alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez. 
Este encontro enmarcase nas reunións que o alcalde tudense manten cos responsables das diversas áreas do goberno de Galicia e agora co seu máximo responsable. No decurso da xuntanza o rexedor tudense tratará co presidente Feijoo diversos temas relacionados cos investimentos e actividades da Xunta de Galicia no noso municipio. Moisés Rodríguez presentará tamén as expectativas e proxectos relacionados coa recentemente constituída Eurocidade Tui – Valença.

Sem comentários:

Enviar um comentário