O próximo domingo 29 realizarase a cuarta Andaina Saudable Eurocidade 2012, “Camiño do Mosteiro”, organizada pola Eurocidade Valença – Tui.
O punto de encontro será o Atrio da Igrexa de San Miguel de Pexegueiro, ás 09.00 horas (españolas). Para todas aquelas persoas que non coñezan esa localización, quedarase ás 09.00 horas españolas na gasolineira da Repsol do Parador de Tui. O percorrido terá unha duración de aproximadamente 4h e o grao de dificultade é medio.
Breve descrición:
Comezamos na Igrexa parroquial de Pexegueiro, interesante mostra dun dos románicos mais belos, pertenceu a un antigo mosteiro dependente de Oia. Do histórico acceso a este conxunto dende a cidade de Tui permanece o tramo de camiño enlousado que nos leva a cruzar a vella ponte do río Furnia.
Durante esta camiñada sortearemos o Furnia e os seus muíños ata internarnos nos montes de Pexegueiro que dan linde ao veciño Concello de Tomiño, bordearemos a parroquia por pistas anchas e sombreadas en dirección a área recreativa de SanNomedio (ou SanMamede) na Parroquia de Malvas. Un arboredo fresco pon marco a romaría anual que se celebra nos meses do vran.
Xa de volta, o río Furnia, as súas pontes e o antigo muíño e aserradeiro de madeira volven a guiar o noso camiño de volta ata o Mosteiro.
Punto de encontro:
Atrio da Igrexa de San Miguel de Pexegueiro
Coordenadas 42º 2'30" N / 8º 41' 53" O
Sem comentários:
Enviar um comentário