A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle senllas exposicións. Por unha banda, na Sala Municipal abre ao público unha exposición de combina as “Plumillas” de Severino Argüelles e as cerámicas de José Vázquez Trigo e Emilia Rosende. De seguido na zona Anexo se inaugurou unha mostra titulada “Con pes e cabeza: un percorrido polos calzados e tocados populares de Galicia”.
Para a concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez, con estas dúas novas exposicións esta Sala Municipal amplía a súa dinámica pois xunto a unha exposición de promoción da arte, como son as plumiñas de S. Argüelles e as cerámicas artesanais dos tudenses José Vázquez Trigo e Emilia Rosende, poderemos contemplar na zona Anexo unha mostra de grande interese centrada na indumentaria popular de Galicia, en concreto unha escolma dos tocados e os calzados usados tradicionalmente polas xentes de Galicia. Esta diversidade de temáticas enriquece a oferta cultural da nosa cidade.
Sem comentários:
Enviar um comentário