A Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, ofrecerá un concerto este luns, 16 de abril, ás 18.30h no Teatro Municipal de Tui. Coma vén sendo tradicional esta agrupación participará na solemne procesión de San Telmo, e previamente ofrecerá este concerto.
Ás entradas, sen numerar, poranse á venda ás 18h ao prezo dun euro no despacho de billetes. Unha vez comezado o concerto non se poderá acceder ao patio de butacas.
Esta Banda está formada actualmente por 44 compoñentes que compaxinan a súa labor na Escola Naval con diversas actuacións. Asemade participa en Festivais e Certames de Música Militar.
A actual Banda de Música da Escola Naval Militar foi creada en 1940, cando a Escola estaba en San Fernando, sendo posteriomente trasladada a Marín en 1943. A súa misión é atender as necesidades marcadas polo réxime interior da Escuela Naval Militar, pero tamén realiza actuacións fora da citada Escola cun amplo repertorio que abrangue dende a música militar e popular á sinfónica. O seu actual director é Francisco García Hurtado.
Concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín
Data: Luns ás 18.30h
Lugar: Teatro Municipal
Entradas: Á venda dende ás 18h no despacho de billetes. Sen numerar. Prezo 1€
Sem comentários:
Enviar um comentário