quinta-feira, 19 de abril de 2012

José Luis Bouza clasifícase para o Preolímpico Xogarase a clasificación para Londres no mes de maio


O padeeiro do Club Kayak Tudense José Luis Bouza clasificouse para o Preolímpico de Polonia, último paso para lograr o pasaporte para Londres 2012, tras acadar o primeiro posto no selectivo que a Federación Española de Piragüismo celebrou o pasado venres nas instalacións de Verducido (Pontevedra).
O tudense xunto ao padeeiro asturiano David Fernández acadaron a clasificación na categoría C2 1.000 metros ao impoñerse nesta regata na que dominaron de principio a fin.
Dende o Concello de Tui quérese felicitar a Bouza por esta clasificación, así como a Diego Piña e Víctor Rodríguez, que aínda que non conseguiron a clasificación na categoría K2 1.000 metros, loitaron ata o final acadando a segunda posición.
O Concello tamén quere animar e desexar sorte aos remeiros do Club Remo Tui, Jesús González, Nuria Domínguez e Sergio Pérez, concentrados coa selección nacional, e o do Club Remo do Miño, Jorge André Carvalho, concentrado coa selección portuguesa, que no mes de maio terán a oportunidade de clasificarse para Londres 2012, no preolímpico de Lucerna (Italia).

Sem comentários:

Enviar um comentário