Esta fin de semana, coincidindo coas festas de San Telmo a empresa Servizos Turísticos do Baixo Miño-Aquamiño, co colaboración da Concellería de Turismo de Tui, vai realizar paseos polo río Miño.
Tanto o sábado día 14, coma o domingo día 15, haberá catro paseos diarios ás 12h, 16h, 17h, e 18h. Se debido a choiva se ten que suspender algún paseo realizarse na fin de semana do 21 e 22 de abril. O prezo do tickets por persoa é de 3€, podendo adquirirse de xeito anticipado na Oficina de Turismo de Tui no Paseo da Corredoira. O número de prazas que se ofertan é limitado, cubríndose por orde de chegada.
A concelleira de Turismo, Raquel Lorenzo, salienta que estes paseos fluviais incrementan a oferta de actividades que se celebran en Tui durante estes días de festas, contribuído así a promoción dun dos buques insignia da cidade coma é o río Miño.
70% de ocupación na Semana Santa
Por outra parte a Concellería de Turismo de Tui informa que durante a pasada Semana Santa a ocupación hostaleira na cidade acadou un 70%. Segundo os datos recollidos pola Oficina Municipal de Turismo a meirande parte dos que visitaron Tui nestes días festivos proviñan de Galicia, Madrid e Portugal.
A concelleira Raquel Lorenzo, aproveita para lembrar que dende o pasado Xoves Santo está aberta a Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira. Abre de luns a venres de 10 a 20h e os sábados, domingos e festivos de 10.30 a 14.30h e de 15.30 a 19.30h.
Sem comentários:
Enviar um comentário