Será impartido polo campión galego, Miguel González Diz
Mañá mércores, a partir das 20.30h, a Sala de Audicións do Conservatorio Municipal de Música do Concello de Tui acollerá un obradoiro – actividade sobre beatbox impartido polo campión galego desta especialidade, Miguel González Diz.
Ao longo deste obradoiro desenvolveranse os seguintes contidos:
Os inicios do beatbox e a súa traxectoria
Práctica dos seus sons, ritmos e bases
Acompañados de diversas presentacións e vídeos.
Para a concelleira de Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con esta nova actividade o Conservatorio Municipal de Música amosa o seu carácter de centro vivo aberto ás novas expresións musicais que atopan tamén o seu lugar neste centro educativo.
A asistencia é libre para todas as persoas interesadas nesta expresión musical contemporánea.
Sem comentários:
Enviar um comentário