Este xoves 5 de abril, nos pavillóns deportivos municipais de Tui disputarase o I Torneo Internacional de Baloncesto, organizado polo Club Baloncesto Tui coa colaboración do Concello de Tui.
Neste torneo competirán os equipos do Breogán S.A.D, Club Ourense Baloncesto, Porto F.C. e o C.B. Tui, nas categorías benxamín, alevín e infantil.
Máis de 150 deportistas participarán dende as 09.00 ata as 21.00 horas neste primeiro torneo, no que amais, ás 15.00 horas, no pavillón vello, haberá un concurso de habilidades entre todos os xogadores.
Sem comentários:
Enviar um comentário